Saltar ao contido

Ingo Hoffmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIngo Hoffmann

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(mul) Ingo Ott Hoffmann Editar o valor en Wikidata
28 de febreiro de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
São Paulo, Brasil Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata

Ingo Hoffmann, nado o 28 de febreiro de 1953, é un expiloto brasileiro da cidade de São Paulo. Participou en seis Grandes Premios de Fórmula Un, debutou o 25 de xaneiro de 1976. Non anotou ningún punto de campionato.

Hoffman comezou a súa carreira no Brasil competindo en Fórmula Vee e coche berlinas.[1] Marchou a Inglaterra en 1975 e competiu na Fórmula 3 nun March,[1] antes de pasar a Fórmula 1 en 1976.

Anos na Fórmula 1

[editar | editar a fonte]

A carreira de Fórmula Un de Hoffmann viuse obstaculizada polos problemas financeiros do equipo de Fittipaldi, e pilotou o segundo coche do equipo cando realmente o equipo só podía permitirse correr con un. Isto significou que Hoffmann só participou en determinadas carreiras seleccionadas, e, finalmente, o segundo coche foi abandonado por completo. Participou en catro Grandes Premios en 1976, non se clasificou para tres deles e logrou un undécimo lugar, foi o mellor resultado conseguido. En 1977, Hoffman competiu no Gran Premio da Arxentina de 1977 en Bos Aires, e nuevamente no Gran Premio do Brasil de 1977 en Interlagos, onde terminou sétimo, a dúas voltas do gañador. Con todo, esa foi a última carreira de Hoffman na Fórmula 1, xa que retirouse o segundo coche de Fittipaldi.

Logo da Fórmula Un

[editar | editar a fonte]
Hoffmann nun Chevrolet Opala no Campionato do Brasil de Stock Car, de 1988

Co final da súa carreira na Fórmula Un, Hoffmann competiu na Fórmula 2 e no proxecto catro cun Ralt e un March en 1977 e 1978, (que foi o seu último ano en Europa). Tamén competiu en coches deportivos e berlinas tanto en Europa como en Suramérica. En particular, Ingo Hoffmann gañou 12 veces o Campionato Stock Car do Brasil (1980, 1985, 1989-1994, 1996-1998 e 2002). En decembro de 2006, logrou a súa vitoria número 100 (nas carreiras nos circuítos brasileiros) no Autódromo Internacional Nelson Piquet na carreira final da tempada 2006.

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Puntos
1976 Copersucar-Fittipaldi Fittipaldi FD03 Cosworth V8 BRA
11
RSA NC 0
Fittipaldi FD04 USW
NSC
ESP
NSC
BEL MON SWE FRA
NSC
GBR ALE AUT NED ITA CAN USA XPN
1977 Copersucar-Fittipaldi Fittipaldi FD04 Cosworth V8 ARX
Ret
BRA
7
RSA USW ESP MON BEL SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN XPN NC 0
  1. 1,0 1,1 Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness Publishing. p. 190. ISBN 0851127029. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]